Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 24 de novembro de 2016 Páx. 52557

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (650/2015).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 650/2015, por instancia de José Antonio Rodríguez Molk contra a empresa Sumtec, S.L., as empresas Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., Caamaño y Bianchi Sociedad de Inversiones, S.L. (desistida), o administrador concursal da empresa Sumtec, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre resolución de contrato e despedimento, en que se ditou sentenza con data do 21 de outubro de 2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Estímase parcialmente a demanda de reclamación de cantidade interposta por José Antonio Rodríguez Molk fronte ás empresas Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., Caamaño y Bianchi Sociedad de Inversiones, S.L. (desistida), ao administrador concursal de Sumtec, S.L. e ao Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Absólvense as empresas General Panels, S.L. e Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L. das pretensións exercidas contra elas.

– Condénanse solidariamente as empresas Sumtec, S.L. e Puertas Blindex, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de vinte e seis mil setecentos oitenta e oito euros con cincuenta e dous céntimos de euro (26.788,52 euros). Tales cantidades quedan vinculadas ao administrador concursal de Sumtec, S.L.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Puertas Blindex, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 2 de novembro de 2016

A secretaria xudicial