Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 24 de novembro de 2016 Páx. 52552

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (672/2016).

Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fai saber que no presente procedemento, seguido por instancia de María Sonia Alonso Domínguez contra Jonathan Mario Rodríguez Quispilaya, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución literal son os seguintes:

«Sentenza número 1214/2016

Maxistrada xuíza Laura Guede Gallego

Ourense, 27 de outubro de 2016

Vistos os presentes autos número 672/2016, sobre petición de alimentos, garda e custodia, promovidos pola procuradora Sra. López Puga, en nome e representación de María Sonia Alonso Domínguez, dirixida pola letrada Sra. Pousa, fronte a Jonathan Mario Rodríguez Quispilaya, que foi declarado en rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal.

Resolución:

Acordo a adopción das seguintes medidas reguladores da garda e custodia dos menores Nerea e Leonel Rodríguez Alonso, así como a súa pensión de alimentos:

1. Atribúeselle a garda e custodia dos menores á nai María Sonia.

2. Atribúeselle o exercicio exclusivo da patria potestade á nai María Sonia.

3. Suspéndese o réxime de visitas.

4. En concepto de alimentos a favor do fillo común, establécese a obriga do pai de aboar, dentro dos cinco días hábiles de cada mes e na conta que designe a demandante, a suma de 150 euros (75 euros por fillo), que serán anualmente actualizados en función das variacións que experimente o IPC ou índice que o substitúa en data 1 de xaneiro. Así mesmo, establécese a obriga de aboar o 50 % dos gastos de material escolar que se xeran anualmente no mes de setembro e o 50 % dos gastos extraordinarios, diferenciando entre os necesarios (aqueles sanitarios e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social) e os non necesarios. Será necesario o consentimento previo para estes últimos e non para os primeiros. Entenderase prestada a súa conformidade se, requirido un proxenitor polo outro de forma que faga fe, é dicir, que conste sen lugar a dúbidas a recepción do requirimento, se deixa transcorrer o prazo de dez días hábiles sen facer ningunha manifestación. No requirimento que se realice, o proxenitor que pretenda facer o gasto deberá detallar o gasto concreto que precise o fillo e xuntar orzamento en que figure o nome do profesional que o expida.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal. Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpor, no prazo de 20 días desde a notificación, recurso de apelación (artigo 457 e seguintes da LAC) ante este tribunal.

Así o acorda, manda e asina SSª. Dou fe».

E ao estar o dito demandado, Jonathan Mario Rodríguez Quispilaya, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 2 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza