Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 24 de novembro de 2016 Páx. 52554

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón

EDICTO (345/2014).

Mónica Piñera Magdalena, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, fai saber que, con data do 29 de xullo de 2016, Berta Vidal Gallego, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, ditou sentenza nos autos de xuízo ordinario 345/2014 contra comunidade hereditaria de José Vázquez Rey, comunidade hereditaria de Manuel Bustelo Vázquez, comunidade hereditaria de Evangelina Bustelo Vázquez e persoas descoñecidas e incertas.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación no prazo dos vinte días seguintes ao da súa notificación, prazo durante o cal quedarán as actuacións na secretaría á disposición das partes.

E, de conformidade co disposto no artigo 497.2 da LAC, por medio deste edicto notifícase a comunidade hereditaria de José Vázquez Rey, comunidade hereditaria de Manuel Bustelo Vázquez, comunidade hereditaria de Evangelina Bustelo Vázquez e persoas descoñecidas e incertas, en paradoiro descoñecido, e a quen, así mesmo, se fai saber que poderá ter coñecemento íntegro da mencionada resolución mediante a súa comparecencia no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón.

Padrón, 1 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza