Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 24 de novembro de 2016 Páx. 52610

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 9 de novembro de 2016, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifica o acordo de inicio de procedemento de reintegro do 13 de xuño de 2016, relativo ao expediente da subvención PE201B/2008/33-1.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do prodecemento administrativo común (BOE núm. 258, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas interesadas os actos administrativos que se sinalan no anexo.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os prazos se computarán desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2016

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Beneficiaria: Conservas Selectas Mar de Couso, S.A.

NIF: A15747314.

Número de expediente SXPA: PE201B/2008/33-1.

Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento de reintegro de data do 13 de xuño de 2016 da conselleira do Mar, pola que se declara a procedencia de reintegro total da subvención.

Último enderezo coñecido: Couso-Aguiño, 15965 Ribeira, A Coruña.