De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do prodecemento administrativo común (BOE núm. 258, de 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas interesadas os actos administrativos que se sinalan no anexo.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os prazos se computarán desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.
Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2016
Juan Carlos Maneiro Cadillo
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
ANEXO
Beneficiaria: Conservas Selectas Mar de Couso, S.A.
NIF: A15747314.
Número de expediente SXPA: PE201B/2008/33-1.
Acto de notificación: resolución de caducidade do procedemento de reintegro iniciado mediante Acordo do 3 de abril de 2013, da conselleira do Mar, pola que se declara a procedencia de reintegro total de la subvención.
Último enderezo coñecido: Couso-Aguiño, 15965 Ribeira, A Coruña.