Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 24 de novembro de 2016 Páx. 52612

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2016 pola que se deixa sen efecto a publicación realizada no Diario Oficial de Galicia número 224, do 23 de novembro de 2016, da Resolución do 18 de outubro de 2016 pola que se anuncia a licitación da contratación, por procedemento aberto unicriterio e trámitación ordinaria, non suxeito a regulación harmonizada e documentalmente simplificada, das obras consistentes na mellora da eficiencia enerxética do edificio de vivendas protexidas situado na rúa Salgueiriños de Abaixo 15-A e 15-B das Cancelas-Mallou, en Santiago de Compostela, cofinanciado polo Feder no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (expediente C-2016/REE 01).

Antecedentes.

1. O luns 14 de novembro de 2016 publicouse no DOG nº 217 a Resolución do 18 de outubro de 2016 pola que se anuncia a licitación da contratación, por procedemento aberto unicriterio e tramitación ordinaria, non suxeito a regulación harmonizada e documentalmente simplificada, das obras consistentes na mellora da eficiencia enerxética do edificio de vivendas protexidas situado na rúa Salgueiriños de Abaixo, 15-A e 15-B das Cancelas-Mallou, en Santiago de Compostela, cofinanciado polo Feder no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (expediente C-2016/REE 01).

2. O mércores 23 de novembro de 2016 publicouse no DOG nº 224 a mesma Resolución do 18 de outubro de 2016, pola que se anuncia a licitación de referencia.

Polo anterior, dada a existencia dun erro de feito que deu lugar a que se producise a publicación no Diario Oficial de Galicia en dúas datas diferentes dunha mesma resolución administrativa, e ao abeiro do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas,

RESOLVO:

Deixar sen efecto a publicación no DOG nº 224, do mércores 23 de novembro de 2016, da Resolución do 18 de outubro de 2016 pola que se anuncia a licitación da contratación, por procedemento aberto unicriterio e trámitación ordinaria, non suxeito a regulación harmonizada e documentalmente simplificada, das obras consistentes na mellora da eficiencia enerxética do edificio de vivendas protexidas situado na rúa Salgueiriños de Abaixo, 15-A e 15-B das Cancelas-Mallou, en Santiago de Compostela, cofinanciado polo Feder no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (expediente C-2016/REE 01).

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2016

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo