Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 24 de novembro de 2016 Páx. 52614

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 8 de novembro de 2016 pola que se notifica o acordo de inicio de procedemento para a incautación da embarcación Malaspina, con matrícula 3ª-VI-4-5684.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Ignacio Najib Vázquez González, con domicilio segundo se reflicte no Rexistro Marítimo na rúa Cervantes, 1, 3º, da Coruña, acordo do presidente de Portos de Galicia do 28 de outubro de 2016 que inicia expediente para decretar a incautación, a favor de Portos de Galicia, da embarcación de nome Malaspina, con folio 3ª-VI-4-5684, depositada no porto de Cariño, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O acordo emítese por atoparse a embarcación depositada en estado de abandono desde hai máis dun ano, e dado o incumprimento das ordes de retirada emitidas pola Zona Norte, con base no establecido na regra décimo quinta de aplicación á tarifa portuaria E-2 prevista na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 49 do Regulamento de servizo e policía, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976.

Outórgase ao propietario da embarcación un prazo máximo de quince (15) días para formular alegacións e, igualmente, para reclamar e retirar a embarcación do porto logo de pagar os créditos pendentes en concepto de taxas.

Infórmase o propietario que, decretada a incautación e en canto ben moble patrimonial incautado, Portos de Galicia poderá proceder de acordo co artigo 69 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, ao alleamento da embarcación.

A instrución do expediente recae no xefe da División Xurídica de Portos de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia