Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 24 de novembro de 2016 Páx. 52615

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 11 de novembro de 2016 pola que se notifica o requirimento do 27 de outubro de 2016 de retirada do vehículo con matrícula 9885BMD abandonado no dominio público portuario do porto do Cariño.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Ana Isabel Fernández Valeiro, con DNI 34899925, en canto propietaria do vehículo marca Iveco con matrícula 9885BMD, o seguinte requirimento, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

«Segundo acta do 17 de abril de 2015 levantada polo celador garda peiraos responsable do porto de Cariño, que se acompaña de fotografías, na zona portuaria de Cariño se atopa estacionado desde hai dous anos en estado de abandono o vehículo antes citado.

Considerando o exposto, e unha vez que na zona onde se atopa o vehículo a entidade pública Portos de Galicia é a Administración competente en materia de xestión de tráfico, de conformidade co disposto no artigo 86.1 do Real decreto lexislativo 339/1990, do 2 de marzo, que aproba o texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria, requírese a titular para que nun prazo máximo dun mes contado desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado proceda a retirar o vehículo da zona de servizo do porto de Cariño.

No caso de incumprirse o presente requirimento, Portos de Galicia, sen máis trámites, dará ao vehículo o tratamento de residuo e procederá, en consecuencia, ao seu traslado a un centro autorizado de tratamento de vehículos para a súa posterior destrución e descontaminación.

O anterior enténdese sen prexuízo das sancións administrativas que procedan en dereito».

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2016

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia