Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 24 de novembro de 2016 Páx. 52608

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 9 de novembro de 2016, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifica o acordo de inicio de procedemento de reintegro de subvención no expediente PE201B/2010/92-5 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do prodecemento administrativo común (BOE núm. 258, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas interesadas os actos administrativos que se sinalan no anexo.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os prazos se computarán desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2016

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Beneficiaria: Nieto Ares, S.L.

NIF: B36283331.

Número de expediente SXPA: PE201B/2010/92-5.

Acto de notificación: acordo de inicio de procedemento de reintegro do 2 de agosto de 2016, da conselleira do Mar, pola que se declara a procedencia de reintegro total da subvención.

Último enderezo coñecido: polígono industrial Setepías, parcela 24-25, 36630 Cambados Pontevedra.

Beneficiaria: Tanfresco, S.L.

NIF: B15351588.

Número de expediente SXPA: PE201B/2008/003-1.

Acto de notificación: acordo de inicio de procedemento de reintegro do 13 de xullo de 2016, da conselleira do Mar, pola que se declara a procedencia de reintegro parcial da subvención.

Último enderezo coñecido: r/ Juana de la Vega, 9, 3º, 15004 A Coruña.