Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 24 de novembro de 2016 Páx. 52593

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 14 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican resolucións correspondentes aos expedientes de reintegro de subvencións á promoción do emprego, reguladas na Orde do 21 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 61, do 28 de marzo), relativas ao programa TR348B.

En uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación da resolución administrativa no último domicilio coñecido das persoas interesadas sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas citadas no anexo para que, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra, rúa Concepción Arenal, 8, 2º, Vigo (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para ter coñecemento do contido daquelas, e advírteselles que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, esgotada a vía administrativa nos procedementos que se relacionan no dito anexo, fáiselles saber o dereito que as asiste para interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/1995, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

Pontevedra, 14 de novembro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

1. Número de expediente de reintegro: 2016/29.

Número de expediente en xestión: TR348B 2011/000090-5.

Nome: Innaves, S.A.

NIF/CIF: A36686947.

Último enderezo coñecido: Damas Apostólicas, 17, ofic. 202, Asmi Asesoría, 36370 Nigrán.

Norma reguladora: Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Feito imputado: non manter as persoas traballadoras subvencionadas por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: incumprimento das bases 7.1 e 7.2 do anexo B da Orde do 21 de marzo de 2011.

Contido da resolución: resolución do procedemento de reintegro.

Data da resolución: 24.10.2016.

2. Número de expediente de reintegro: 2016/65.

Número de expediente en xestión: TR348B 2011/000693-5.

Nome: Alcudi 2010, S.L.

NIF/CIF: B27748243.

Último enderezo coñecido: avda. Buenos Aires, 16, 36400 O Porriño.

Norma reguladora: Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Feito imputado: non manter as persoas traballadoras subvencionadas por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: incumprimento das bases 7.1 e 7.2 do anexo B da Orde do 21 de marzo de 2011.

Contido da resolución: resolución do procedemento de reintegro.

Data da resolución: 24.10.2016.

3. Número de expediente de reintegro: 2016/73.

Número de expediente en xestión: TR348B 2011/000461-5.

Nome: Asesores Técnicos Pontevedra, S.L.

NIF/CIF: B36596732.

Último enderezo coñecido: Ponte Bora, 24, 36150 Pontevedra.

Norma reguladora: Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Feito imputado: non manter as persoas traballadoras subvencionadas por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: incumprimento da 7.2 do anexo B da Orde do 21 de marzo de 2011.

Contido da resolución: resolución do procedemento de reintegro.

Data da resolución: 24.10.2016.

4. Número de expediente de reintegro: 2016/75.

Número de expediente en xestión: TR348B 2011/000474-5.

Nome: Madenar Construcciones, S.L.

NIF/CIF: B36985174.

Último enderezo coñecido: lg. Igrexa, Baíña, 4, 36300 Baiona.

Norma reguladora: Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Feito imputado: non manter as persoas traballadoras subvencionadas por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: incumprimento da base 7.1 do anexo B da Orde do 21 de marzo de 2011.

Contido da resolución: resolución do procedemento de reintegro.

Data da resolución: 24.10.2016.

5. Número de expediente de reintegro: 2016/79.

Número de expediente en xestión: TR348B 2011/000569-5.

Nome: Roserpro, S.L.

CIF/NIF: B36523124.

Último enderezo coñecido: San Roque, 3, baixo, 36002 Pontevedra.

Norma reguladora: Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Feito imputado: non manter os traballadores subvencionados por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: incumprimento da base sétima, puntos 1 e 2, do anexo B da mencionada Orde reguladora do 21 de marzo de 2011.

Contido da resolución: resolución do procedemento de reintegro.

Data da resolución: 29.6.2016.

6. Número de expediente de reintegro: 2016/85.

Número de expediente en xestión: TR348B 2011/000688-5.

Nome: Arelai Logística, S.L.

NIF/CIF: B94024114.

Último enderezo coñecido: lg. Ande-Rubiáns, 4, 36600 Vilagarcía de Arousa.