Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 24 de novembro de 2016 Páx. 52597

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 14 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do procedemento de reintegro correspondente ao expediente de reintegro da subvención á promoción do emprego, reguladas na Orde do 21 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 61, do 28 de marzo), relativa ao expediente TR348B 2011/780-5.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación do acordo de inicio do procedemento de reintegro no último domicilio coñecido das persoas interesadas sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas citadas no anexo para que, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria; rúa Concepción Arenal, 8-2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para ter coñecemento do contido daquelas, advertíndoas de que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que as asiste para alegar o que máis conveña aos seus intereses no prazo de quince días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Vigo, 14 de novembro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente de reintegro: REINT 2016/99.

Nº de expediente en xestión: TR 348B 2011/780-5.

Nome: Ruyosou Tuy, S.L.

CIF/NIF: B36439388.

Último enderezo coñecido: Lg. Laranxeiras-Rebordáns, 188, 36712 Tui.

Norma reguladora: Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Feito imputado: non manter, en cómputo anual, e durante 3 anos, o número de persoas traballadoras fixas do seu cadro de persoal.

Precepto infrinxido: incumprimento da base sétima punto 2 do anexo B da mencionada Orde do 21 de marzo de 2011.

Contido do acto administrativo: acordo de inicio do procedemento de reintegro.

Data do acordo: 14.6.2016.