Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 24 de novembro de 2016 Páx. 52570

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 535/2015, do 17 de setembro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 17 de setembro de 2015, pronunciou a sentenza número 535/2015, ditada no procedemento ordinario número 4632/2013, interposto por Starco Invest, S.A., sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto por Starco Invest, S.A. contra a Orde do 25.2.2013 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, que deu aprobación definitiva ao Plan xeral de ordenación municipal da Coruña, anulamos as súas determinacións no que se refire ao predio da parte demandante identificado no feito I.2 da demanda e declaramos que debe ser cualificado como solo urbano consolidado e excluído do polígono POL L27. No demais, desestimamos o recurso. Non se fai imposición de custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2016

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo