Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 24 de novembro de 2016 Páx. 52571

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 11 de outubro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai publico o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de cambio de uso de solo forestal a agrícola, sito no concello de Lugo, promovido por Raquel Fernández Neira (expediente 2016/0086).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, punto 3, faise público o informe de impacto ambiental do 10 de outubro de 2016, relativo ao proxecto de cambio de uso de solo de forestal a agrícola, sito na parroquia de Santa María Alta, no concello de Lugo, promovido por Raquel Fernández Neira.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental