Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 24 de novembro de 2016 Páx. 52572

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 4 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia en materia de residuos (expediente OU-27/2016 RE e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao resultar infrutuosa a súa notificación.

O acto foi acordado pola instrutora. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A comparecencia efectuarase no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede da sección xurídica desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 4 de novembro de 2016

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-27/2016 RE.

Denunciado: Antonio Albano Lopes Pimentel.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: OU-33/2016 RE.

Denunciado: Vasile Scripcariu.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: OU-34/2016 RE.

Denunciado: Stefan Plesca/Rodica Liliana Plesca/Ionel Marius Soucaliuc.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: OU-42/2016 RE.

Denunciado: Gheorghe Sorin Matei/Iordana Matei.

Acto notificado: proposta de resolución.