Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 23 de novembro de 2016 Páx. 52314

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública do estudo de detalle de criterios compositivos e estéticos no tratamento das fachadas do barrio de Vista Alegre (estudo da cor).

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 16 de setembro de 2016, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

a) Aprobar inicialmente o estudo de detalle de criterios compositivos e estéticos no tratamento das fachadas do barrio de Vista Alegre –estudo da cor–, formulado pola Sección Municipal de Planeamento en setembro de 2016.

b) En aplicación do procedemento regulado polo artigo 80.2 da LSG, o estudo de detalle inicialmente aprobado someterase a información pública durante o prazo dun mes, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia. Así mesmo, practicarase notificación persoal aos titulares catastrais dos inmobles afectados, e publicarase edicto no Boletín Oficial del Estado co fin de que sirva de notificación aos propietarios que non poidan ser citados persoalmente.

O acordo de aprobación inicial determina automaticamente, por aplicación do disposto polo artigo 47.2 da LSG, a suspensión, durante o prazo máximo de dous anos, do outorgamento das licenzas que poidan resultar incompatibles coas determinacións do estudo de detalle.

O ámbito da suspensión integra os edificios situados nas seguintes rúas:

Rúa de Boiro (só pares).

Rúa de Rianxo.

Rúa de Santa Uxía de Ribeira.

Rúa de Santa Comba.

Rúa de San Xoán.

Avenida de Castelao, números 42 a 54.

Rúa de Noia.

Rúa do Bispo Diego Peláez (só impares).

Praza de Álvaro Cunqueiro.

Rúa de Vista Alegre, números 96, 98, 106 e 112.

O que se publica co fin de que, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente no Servizo de Planeamento e Xestión e formular as alegacións que consideren oportunas. Na páxina web do Concello www.santiagodecompostela.gal poderase consultar a documentación sometida a información pública.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2016

O alcalde
P.D. (DEC/3997/2015, do 16 de xuño)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade