Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 23 de novembro de 2016 Páx. 52316

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación das obras de humanización da rúa Bueu.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Vías e Obras. c) Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións. d) Número de expediente: 4096-440.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras. b) Descrición: a execución das obras do proxecto de Humanización da rúa Bueu. c) División por lotes e número de lotes: non. d) Lugar de execución: Concello de Vigo. e) Prazo de execución: 5 meses.

3. Tramitación e procedemento: a)Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Criterios de adxudicación: os indicados no punto 8 da FEC do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: a) Importe total: 682.138,4 euros (IVE engadido).

5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato excluído o IVE. Complementaria: por un importe do 5 % do prezo de adxudicación do contrato excluído o IVE, cando a oferta adxudicada se corresponda cunha oferta cualificada inicialmente como en presunción de oferta anormal ou desproporcionada, e sexa xustificada adecuadamente e admitida para a súa valoración.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos seguintes medios:

– Declaración do volume anual de negocios. Considerarase con solvencia económica e financeira aos licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato.

– Posuír a seguinte clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría 3; grupo I, subgrupo 1, categoría 2.

b) solvencia técnica e profesional: acreditarase por calquera dos seguintes medios:

– Certificacións ou documentos que acrediten a boa execución de contratos de obras ou traballos similares aos do obxecto do contrato executados, como máximo, nos dez últimos anos (entenderase que este prazo remata o último día da presentación de ofertas). Indicaranse importe, datas e destino público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos dez anos xustifican ter realizado traballos similares aos do obxecto do contrato cuxo importe, en conxunto, sexa igual ou superior ao valor estimado do mesmo.

– Posuír a seguinte clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría 3; grupo I, subgrupo 1, categoría 2.

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará aos 26 días seguintes ao de publicación do presente anuncio no BOP e no DOG. b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. c) Admisión de melloras: non. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) data e hora. Anunciarase no perfil do contratante do concello de Vigo (www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.500 euros.

Vigo, 17 de novembro de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación