Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 23 de novembro de 2016 Páx. 52306

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de licitación (expediente S-A-03-2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: S-A-03-2016.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración de tractor con brazo rozadora.

b) Lugar de entrega: Concello de Bergondo. Estrada da Coruña, núm. 12. 15165 Bergondo (A Coruña).

c) Prazo de entrega: tres (3) meses.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios de adxudicación.

4. Orzamento estimado e de licitación: 80.640,00 € sen IVE; 16.934,40 € de IVE (21 %); 97.574,40 € con IVE.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Bergondo.

Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

Localidade e código postal: 15165 Bergondo.

Teléfono: 981 79 12 52.

Fax: 981 79 42 33.

Perfil do contratante: www.bergondo.es

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da derradeira publicación do presente anuncio de licitación no BOP ou no DOG, das 9.00 ás 14.45 horas.

b) Hora límite: ata as 14.45 horas do derradeiro día do prazo de presentación.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 12ª do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante PCAP) que haberán de rexer a contratación.

d) Lugar de presentación: Rexistro Xeral. Concello de Bergondo.

8. Solvencia económico-financieira e técnica:

8.1. Solvencia económica: mínimo: o criterio para a acreditación da solvencia económica e financieira será o volume anual de negocios do licitador que, referido ao ano de maior volume dos tres últimos concluídos, deberá ser polo menos de 120.960 €. O volume anual de negocios do licitador acreditarase por medio das súas contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se o empresario está inscrito no dito rexistro, e en caso contrario, polas depositadas no rexistro oficial en que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante os seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil (artigo 11.4.a) do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro).

8.2. Solvencia técnica: mínimo: o criterio para a acreditación da solvencia técnica será o da experiencia na realización de subministracións do mesmo tipo ou natureza a que corresponde o obxecto do contrato, que se acreditará mediante a presentación da relación das subministracións efectuadas polo interesado no curso dos últimos cinco anos, correspondentes ao mesmo tipo ou natureza a que corresponde o obxecto do contrato, que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles, avalados por certificados de boa execución (artigo 11.4.b) do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro). Mínimo de solvencia técnica: requerirase que o importe anual acumulado no ano de maior execución sexa igual ou superior a 56.448 €.

9. Criterios de adxudicación do contrato:

9.1. Criterios cuxa valoración require un xuízo de valor: ata 40 puntos, coa desagregación de subcriterios indicados na cláusula 16.1.1. do PCAP:

– Calidade, acabados, valor técnico e características estéticas e funcionais do ben que se vai subministrar: ata 20 puntos.

– Asistencia técnica, garantía e mantemento: ata 10 puntos. Dividido en 3 subcriterios.

– Melloras ofertadas nas prestacións do vehículo/máquina: ata 10 puntos.

9.2. Oferta económica: ata 45 puntos, mediante fórmula indicada na cláusula 16.1.2 do PCAP.

10. Apertura das ofertas:

Data e hora: publicarase no perfil del contratante.

11. Outras informacións: obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 6 do presente anuncio.

12. Gastos do adxudicatario:

Serán por conta do adxudicatario os gastos sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Bergondo, 15 de novembro de 2016

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa