Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 23 de novembro de 2016 Páx. 52225

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 731/2013).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 731/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Eduardo Pereira Muñoz contra Restaurante Marisquería Sexto, S.L. sobre ordinario, se ditou sentenza con data do 27 de outubro de 2016, co número 333/2016, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de procedemento ordinario número 731/2013, seguidos por instancia de José Eduardo Pereira Muñoz, representado e asistido polo letrado Sr. Vales Raña, contra Restaurante Marisquería Sexto, S.L., que non compareceu ao acto do xuízo oral; foi citado o Fogasa, que non compareceu ao xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito a presente sentenza, con base nos seguintes,

Que estimando integramente a demanda interposta por José Eduardo Pereira Muñoz contra Restaurante Marisquería Sexto, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a que lle aboe ao demandante a suma de 7.895,10 euros polos conceptos e coa desagregación efectuados no feito probado terceiro desta resolución, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia e deberase observar o disposto no artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Restaurante Marisquería Sexto, S.L., en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza