Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 23 de novembro de 2016 Páx. 52260

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición, por instancia de parte, da solicitude de aproveitamento e do plan de restauración da auga mineral natural procedente do manancial Os Acivros, sito no concello de Chantada.

Para os efectos previstos no artigo 13 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro
(DOG núm. 226, do 16 de novembro), polo que se aproba o Regulamento do aproveitamento de augas minero-medicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, e do artigo 41.2 do Regulamento xeral para o réxime da minaría, e o artigo 6.3 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión de residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese a información pública a petición de aproveitamento da auga mineral natural e o plan de restauración do manancial Os Acivros, que a continuación se describe:

Solicitante: Custom Drinks, S.L.U.

Domicilio social: polígono industrial Os Acivros, parcela C-1.

Denominación do manancial: Os Acivros.

Situación: 27500 Chantada (Lugo).

Declaración da condición da auga: Resolución do 3 de abril de 2014.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e o plan de restauración e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo, rolda da Muralla, 70, 27003, no prazo de trinta (30) días hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación.

Lugo, 21 de outubro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo