Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 23 de novembro de 2016 Páx. 52261

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Moaña (expediente IN407A 2016/578-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento LMT CII8091676 e soterramento CII8091741 en Meira.

Situación: Moaña.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 359 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 75-1 da LMTA CII8091614 e final no apoio proxectado C-3000/22 na LMTA CII8091676. LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 243 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 75-3 da LMTA CII8091614 e final no apoio proxectado C-3000/18 na LMTA CII8091670. Retensado dos vans aéreos contiguos aos apoios proxectados. A instalación está situada en Meira, Moaña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 27 de outubro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra