Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 23 de novembro de 2016 Páx. 52262

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2016/82-2, 8391 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, r/ A, parcela U2, Lugo.

Denominación: LMTS e reforma CTC Ceao 10.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

1. LMT soterrada con orixe nun empalme coa LMT soterrada existente Ceao 3, entra e sae no CT Ceao 10, entra e sae no CT Ceao 11, entra e sae no CT Comp. San Cristóbal e remata no paso aéreo a soterrado no CT Ceao 1 para conectar coa LMT aérea Ceao 1, cunha lonxitude de 260 metros en condutor RHZ1-240.

2. Reforma do CT existente Ceao 10 en que se realiza un foso de recollida de aceite, unha canle para celas de MT, pintado de paredes, chan e teito, construción dunha porta de dobre folla, instalación dun anteparo de protección do transformador e a desmontaxe de embarrados, aparamenta, ferraxes e anteparos. Instálanse dúas celas de liña, unha de protección do transformador, un circuíto de terras interior, circuíto de emerxencia e iluminación, armario de BT e ampliación.

3. Instalación dunha cela de liña no CT Comp. San Cristóbal.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70-baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 27 de outubro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo