Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 23 de novembro de 2016 Páx. 52264

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 8 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a resolución revogatoria da axuda concedida para iniciativas de axuda de autoemprego xuvenil, reguladas na Orde do 28 de decembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 29 de decembro), relativa ao expediente TR341D 2016/309-2.

Intentada a notificación da resolución da xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo pola que se acorda a resolución revogatoria da axuda concedida para iniciativas de autoemprego xuvenil, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da dita resolución como figura no anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O interesado durante este prazo poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución administrativa.

Lugo, 8 de novembro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2016/309-2.

Nome: Rubén Jovino Cabrera Flórez.

DNI/NIF: 71663417V.

Último enderezo coñecido: rúa Virxe do Camiño, 7, 1º D, 27700 Ribadeo, Lugo.

Axuda: programa para a promoción do emprego autónomo.

Orde reguladora: Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (Diario Oficial de Galicia do 29 de decembro).

Feito imputado: non manter a actividade que fundamenta a concesión da subvención durante un tempo mínimo dun ano.

Precepto infrinxido: artigo 17.b) da orde de convocatoria.

Contido da resolución: revogatoria ditada o 19 de setembro do 2016 pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo.