Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 23 de novembro de 2016 Páx. 52256

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 7 de novembro de 2016, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións dos recursos de alzada ditadas en expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-01122-O-2015 e oito máis).

A persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade ditou as resolucións dos recursos de alzada presentados no expediente sancionador número LU-01122-O-2015 e oito máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no enderezo que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devoltapolo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmase que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na Praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de non ter aboado o importe da sanción, deberán pagar o dito importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, cobrarase pola vía de constrinximento, segundo o disposto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2016

David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

Resolución recurso

LU-01122-O-2015

6052-DTY

Almafrio, S.L.

B73691511

Non levar a bordo a documentación acreditativa da substitución dun vehículo por avaría.

5.6.2015; 7.00; A8; 593,0

Art. 142.9 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201

Desestimado

OU-00934-O-2014

Graveras Castro, S.L.

B32114936

O exceso igual ou superior ao 2,5 por cento e inferior ao 10 % sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso superior ao 2,5 %.

5.2.2014; 10.36; A-52; 217

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301

Desestimado

OU-01964-O-2014

2101-DHN

Transtanoa, S.L.

B94028263

Diminución do descanso diario, en condución en equipo, en máis de 2 horas (sobre 9 horas nun período de 30 horas). Atenuante - Menos de 4 horas e 30 minutos.

3.10.2014; 19.40; A-52; 262

Art. 141.25 LOTT Art. 140.37.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.d) LOTT

600

Desestimado

PO-02756-O-2014

3477-BDB

Álvarez López, Sinesio

34974134N

Diminución do descanso semanal normal. Igual ou superior a 42 horas e inferior a 45 horas.

19.7.2014; 14.00; A55; 27,2

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100

Desestimado

PO-02863-S-2014

0626-DLJ

Transportes Vitalgo, S.L.

B36848646

A falta de consignación do lugar de comezo ou do final de utilización nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso.

22.8.2014; 9.20; Avda. Clara Campoamor, 4

Art. 142.4 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301

Desestimado

PO-03370-S-2014

6610-GGX

Transtanoa, S.L.

B94028263

Exceso no tempo de condución bisemanal (90 horas). Máis de 90 horas ata 100 horas

1.9.2014; 8.40; avda. de Madrid

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100

Desestimado

PO-03583-O-2014

6585-CPM

Indicom Logística, S.L.

B97845655

Atenuante - A utilización de follas de rexistro dos tempos de condución e descanso non homologadas ou que resulten incompatibles co tacógrafo utilizado.

22.10.2014; 9.15; A52; 278,3

Art. 142.19 LOTT Art. 141.11 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.a) LOTT

201

Desestimado

PO-03584-O-2014

6585-CPM

Indicom Logística, S.L.

B97845655

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

22.10.2014; 9.15; A52; 278,3

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201

Desestimado

XC-05196-O-2014

6705-FLL

Transportes Logísticos Pocomaco, S.L.

B15853740

Non levar a bordo a documentación acreditativa da substitución dun vehículo por avaría.

29.7.2014; 20.36; AC550; 106,1

Art. 142.9 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201

Desestimado