Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 23 de novembro de 2016 Páx. 52194

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2017, en desenvolvemento do Real decreto 1032/2007, do 20 de xullo (Boletín Oficial del Estado número 184, do 2 de agosto) e da Orde do 19 de novembro de 2009 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Diario Oficial de Galicia número 233, do 27 de novembro).

A Directiva 2003/59/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de xullo de 2003, relativa á cualificación inicial e á formación continua dos condutores de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada, pola que se modifican o Regulamento (CEE) núm. 3820/85 do Consello e a Directiva 91/439/CEE do Consello, establece unha nova formación obrigatoria para determinados condutores profesionais.

En desenvolvemento destas previsións ditouse o Real decreto 1032/2007, do 20 de xullo, polo que se regula a cualificación inicial e a formación continua dos condutores de determinados vehículos destinados ao transporte por estrada, que no seu capítulo VI (artigos 14 a 17) e no seu anexo V recolle a regulación dos exames para a obtención do certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial.

O artigo 15 do referido Real decreto 1032/2007, do 20 de xullo, establece que deberán convocarse exames polo menos seis veces ao ano e que o órgano competente pode publicar unha vez ao ano todas as convocatorias referidas a este, indicando os prazos de inscrición correspondentes a cada convocatoria. Igualmente, o artigo 14 da mesma norma establece que o exame deberá ser superado no prazo de 6 meses contado desde a finalización do curso de formación acreditativo da cualificación inicial para a obtención do certificado de aptitude profesional. Este curso deberá repetirse no suposto de ter transcorrido o referido prazo sen a superación da proba.

A convocatoria destas probas corresponde á Xunta de Galicia con base na delegación de competencias efectuada pola Lei orgánica 5/1987, do 30 de xullo, de delegación de competencias do Estado nas comunidades autónomas en relación cos transportes por estrada e por cable.

Con base nas ditas previsións ditouse a Orde do 19 de novembro de 2009, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se estableceron as bases e as regras de desenvolvemento das probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia, e se estableceu unha habilitación á persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade para levar a cabo as sucesivas convocatorias de exame.

Na súa virtude, de conformidade coas previsións contidas na Lei orgánica 5/1987, do 30 de xullo, na Directiva 2003/59/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de xullo de 2003, no Real decreto 1032/2007, do 20 de xullo, polo que se regula a cualificación inicial e a formación continua dos condutores de determinados vehículos destinados ao transporte por estrada, e na Orde do 19 de novembro de 2009, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e de acordo coa proposta formulada pola Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte,

DISPOÑO:

1. Convocatoria.

Convócanse para o ano 2017 as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia de acordo co calendario e demais condicións previstas nesta resolución.

2. Calendario.

No ano 2017 realizaranse nove convocatorias, tanto para as categorías D1, D1 + E, D e D + E, como para as categorías C1, C1 + E, C e C + E, que se desenvolverán de acordo co seguinte calendario e prazos de inscrición:

Convocatoria

Datas de celebración

Prazo de inscrición

18.1.2017 a 8.2.2017

25.11.2016 a 30.12.2016

22.2.2017 a 8.3.2017

31.12.2016 a 3.2.2017

5.4.2017 a 19.4.2017

4.2.2017 a 17.3.2017

17.5.2017 a 31.5.2017

18.3.2017 a 28.4.2017

21.6.2017 a 5.7.2017

29.4.2017 a 2.6.2017

19.7.2017 a 9.8.2017

3.6.2017 a 7.7.2017

13.9.2017 a 27.9.2017

8.7.2017 a 25.8.2017

8.11.2017 a 22.11.2017

26.8.2017 a 13.10.2017

13.12.2017 a 27.12.2017

14.10.2017 a 17.11.2017

3. Inscrición.

a) Para inscribirse nas probas será necesario presentar, dentro do prazo previsto no punto anterior, unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo I desta resolución, acompañada do impreso de autoliquidación de taxas polo importe que estableza para o efecto a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

O aspirante deberá achegar tamén copia do DNI só no caso de denegar expresamente a súa consulta e, se for o caso, da documentación que acredite a súa residencia habitual en Galicia, só no caso de denegar expresamente a súa consulta, de conformidade co disposto na Orde do 19 de novembro de 2009.

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar ás persoas interesadas a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente, só para o caso daquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Os aspirantes excluídos ou non admitidos á realización das probas poderán solicitar a devolución das taxas que aboasen, se for o caso, presentando para o efecto unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución.

b) As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 28.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

4. Tratamento de datos.

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio administrativo de San Caetano, San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), ou a través dun correo electrónico a sxt.civ@xunta.gal

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2016

A directora xeral de Mobilidade
P.S. (Decreto 165/2015, do 13 de novembro; disposición adicional primeira)
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file