Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 23 de novembro de 2016 Páx. 52286

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 8 de novembro de 2016, da Dirección de Competitividade, pola que se notifican as resolucións acordadas en expedientes administrativos de carácter sancionador pola comisión de infraccións graves en materia de turismo (expediente TUSAN1 2015/023-2 e dous máis).

Mediante esta cédula e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), notifícanselles ás persoas físicas e xurídicas que a seguir se mencionan, titulares de establecementos turísticos, as resolucións dos procedementos administrativos de carácter sancionador en materia de turismo por infracción administrativa grave da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia (DOG nº 216, do 11 de novembro), que, intentadas polos medios habituais, non se puideron efectuar.

As/os interesadas/os poderán examinar os seus expedientes e recoller as resolucións mediante comparecencia nas dependencias da Axencia Turismo de Galicia, situadas na estrada de Santiago-Noia, km 3, A Barcia, Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, as/os interesadas/os poderán interpoñer recurso de reposición ante a titular da Axencia Turismo de Galicia no prazo dun (1) mes, ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.b), 14.1 segunda e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Expediente: TUSAN1 2015/023-2.

Sancionado: Ángel J. Fernández Villaravid.

NIF: 33825207G.

Último enderezo: lugar do Mazo, Meiraos, s/n.

Localidade: Folgoso do Courel (Lugo).

Precepto infrinxido: artigo 110.12 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 901 euros.

Expediente: TUSAN1 2015/032-2.

Sancionado: González Rábade, Francisco Javier.

NIF: 76572791H.

Último enderezo: Francos, Reboreda, núm. 8.

Localidade: Outeiro de Rei (Lugo).

Precepto infrinxido: artigo 110.7 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 3.000 euros.

Expediente: TUSAN1 2015/031-4.

Sancionada: Hoteles Guaraira Ripano, S.L.

NIF: B36378081.

Último enderezo: rúa Montero Ríos, núm. 147.

Localidade: Bueu (Pontevedra).

Precepto infrinxido: artigo 110.19 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 1.500 euros.

Comunícaselles que as resolucións da Axencia Turismo de Galicia poñen fin á vía administrativa e serán, por tanto, executivas, polo que deberá aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte.

O aboamento realizarase mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta axencia de turismo. De non efectuarse o ingreso no período voluntario, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2016

José Luis Maestro Castiñeiras
Director de Competitividade