Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 23 de novembro de 2016 Páx. 52284

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

CÉDULA do 8 de novembro de 2016 pola que se notifica o requirimento de emenda de documentación da solicitude de axudas do Programa de bonos de innovación (procedemento IN851B), correspondente ao expediente IN851B/2013/28, devolto polo servizo de Correos.

A Axencia Galega de Innovación, o día 21 de outubro de 2016, enviou unha notificación á empresa Maderas y Molduras Las 5 Jotas, S.L., coa finalidade de comunicarlle o requirimento de documentación da solicitude presentada ao Programa de bonos de innovación, correspondente ao expediente IN851B/28, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. A dita notificación foi devolta polo servizo de Correos, indicando o funcionario «descoñecido». Ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula no Boletín Oficial del Estado e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á entidade solicitante o contido do requirimento de documentación que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Tendo en conta o anterior e segundo o artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para facer alegacións e presentar os documentos e xustificantes que consideren pertinentes. Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta axencia, sita na praza de Europa 10-3º A, 15707 Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2016

O director da Axencia Galega de Innovación
P.S. (Orde do 8.7.2016; DOG núm. 131, do 12 de xullo)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANEXO

Número de expediente: IN851B/2013/28.

Nome ou razón social: Maderas y Molduras Las 5 Jotas, S.L.

CIF/NIF: B27804004.

Tipo de axuda: Resolución do 16 de setembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas do Programa de bonos de innovación (código de procedemento IN851B), publicada no DOG do 23 de setembro de 2013.

Contido do acto: notificación do requirimento de documentación relativa ao certificado de estar ao día coas obrigas tributarias da Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia (Atriga), tendo en conta que o solicitante desta axuda denegou expresamente o consentimento ao órgano xestor para solicitar as devanditas certificacións e que as achegadas coa solicitude teñen o seu período de validez caducado.