Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 23 de novembro de 2016 Páx. 52283

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 7 de novembro de 2016 polo que se notifica o acordo adoptado no procedemento sancionador incoado por infracción da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (LEG), porque, intentadas as notificacións do dito acordo, non se puideron efectuar (expediente LEV/3/16).

A Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas adoptou o acordo de ampliación da incoación do procedemento sancionador que se indica, iniciado por infracción da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (LEG). Intentada a notificación persoal deste acordo, non foi posible a súa práctica.

Por medio do presente anuncio, e segundo dispoñen os artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, emprázanse as persoas interesadas que se indican no anexo para seren notificadas por comparecencia do acto cuxo contido se sinala. A comparecencia que poderán realizar deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo de Xestión Xurídico-Administrativa da Axencia Galega de Infraestruturas, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ou tamén no servizo da delegación da axencia na provincia correspondente. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no dito taboleiro de edictos único.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2016

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Expediente: LEV/3/16, ref. bis 173/15. Provincia: Pontevedra. Feito imputado: rehabilitación de peche diáfano sen autorización. Interesados: João Paulo de Magalhães Rodrigues e Martina Bauer Jacqueline. Estrada afectada: PO-532, Pontevedra-Ponte Caldelas, p.q. 13+480. Concello do último domicilio coñecido dos interesados: Ponte Caldelas. Acto notificado: acordo de ampliación da incoación do procedemento sancionador.