Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 23 de novembro de 2016 Páx. 52281

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 7 de novembro de 2016 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia da resolución ditada no procedemento sancionador incoado por infracción da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (LEG), porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente SANC/MG/10/14).

A Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación do Consello Reitor da Axencia (Acordo do 14.10.2013, publicado por Resolución do 23 de xaneiro de 2014; DOG do 6 de febreiro), ditou resolución no procedemento administrativo sancionador que se indica, incoado por infracción da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (LEG). Na dita resolución declárase o arquivamento do expediente e disponse que por parte do servizo de infraestruturas se incoe, de ser o caso, un novo procedemento de restitución da legalidade viaria polos mesmos feitos.

Unha vez intentada a notificación persoal desta resolución, consonte establece o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non foi posible a súa práctica. Por medio do presente anuncio, e segundo dispoñen os artigos 59.5 e 61 da devandita norma legal, tendo en conta que, en atención á protección de intereses lexítimos, se publica soamente o contido mínimo do acto, emprázase a interesada que se indica no anexo para ser notificada por comparecencia da resolución cuxo contido se sinala. A comparecencia que poderá realizar deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), na sede do Servizo de Xestión Xurídico-Administrativa da Axencia Galega de Infraestruturas, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ou tamén no servizo da delegación da axencia na provincia correspondente. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no dito taboleiro de edictos único.

Así mesmo, ponse no seu coñecemento que a dita resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que a demandante teña o seu domicilio ou de Santiago de Compostela, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da presente resolución, de conformidade co disposto no artigo 46.1 da citada Lei 29/1998, do 13 de xullo; ou ben recurso potestativo de reposición ante o Consello Reitor da Axencia Galega de Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2016

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Expediente, provincia: SANC/MG/10/14, ref. bis: 126/13, Pontevedra.

Interesada: Publiarousa.

Último enderezo coñecido: Vilagarcía de Arousa.

Feitos: incumprir a obriga de reposición ao estado anterior, ao manter instalados carteis urbanos na zona de dominio público da estrada.

Estrada: PO-550, Cambados-A Lanzada, p.q. 1+230 e 1+270.

Resolución: declaración de arquivamento e orde de incoación, se é o caso, dun novo procedemento de restitución da legalidade.