1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, Cixtec.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.
c) Número de expediente: 2016-024.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizos.
b) Descrición: servizo consistente na evolución funcional e tecnolóxica do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex) e adaptación á Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, mediante tramitación documentalmente simplificada.
c) CPV: 72212000-4.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.
e) Data de publicación do anuncio de licitación: 10.8.2016.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto.
4. Valor estimado do contrato: 78.750,00 €.
5. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: 78.750,00 €.
b) Importe total: 95.287,50 €, distribuído nas seguintes anualidades:
Exercicio 2016: 31.762,50 €.
Exercicio 2017: 63.525,00 €.
6. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 26.10.2016.
b) Data de formalización do contrato: 2.11.2016.
c) Contratista: Altia Consultores, S.A.
d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 73.276,88 €. Importe total: 88.665,02 €, distribuído nas seguintes anualidades:
Exercicio 2016: 29.555,01 €.
Exercicio 2017: 59.110,01 €.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.
Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2016
M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable