Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 21 de novembro de 2016 Páx. 52032

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 9 de novembro de 2016 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción de itinerario peonil e ciclista na PO-250 Amoedo-Pazos de Borbén, p.q. 6+500 - 7+320, de clave PO/16/060.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto.

Antecedentes:

A Lei 8/2013, de estradas de Galicia, determina no seu artigo 6.2 que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta de Galicia elaborou a Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia. Os obxectivos da dita estratexia son o desenvolvemento duns sistemas de transporte alternativos que reduzan ao mínimo as repercusións sobre o ambiente e os seus impactos sociais e económicos.

Os beneficios esperados co fomento desta mobilidade alternativa son, entre outros, o emprego de modos de transporte non motorizados, a mellora da mobilidade, da calidade do aire, da saúde, da igualdade e benestar, da economía, do patrimonio e do urbanismo.

Con data do 7 de marzo de 2016, a Axencia Galega de Infraestruturas aprobou, con base na Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, o documento de Fomento da mobilidade sustentable: sendas peonís e/ou ciclistas na comarca de Vigo, onde unha das sendas propostas é un itinerario peonil e ciclista na PO-250, que agora se está a desenvolver mediante o proxecto construtivo de itinerario peonil e ciclista na PO-250 Amoedo-Pazos de Borbén, p.q. 6+500 - 7+320, de clave PO/16/060.06.

Por todo isto, mediante a Resolución da Axencia Galega de Infraestructuras do 11 de novembro de 2016 aprobouse provisionalmente o proxecto de construción de itinerario peonil e ciclista na PO-250 Amoedo-Pazos de Borbén, p.q. 6+500 - 7+320, de clave PO/16/060.06.

Este proxecto ten por obxecto a creación dunha senda compartida (peoníl e ciclista), no treito da estrada PO-250, que vai desde o p.q. 6+500 (fin do núcleo de Amoedo) ao p.q. 7+320 (comenzo do núcleo de Pazos), creando un itinerario continuo e seguro que beneficiará a circulación de peóns e ciclistas, que na actualidade non dispoñen de carril específico e circulan pola beiravía ou polo carril de circulación.

A senda executarase en formigón coloreado ou xabre compactado segundo a contorna que se atravesa, cunha sección transversal de 2,5 metros de largo medio, destinada ao itinerario compartido, 0,5 metros de zona verde (naqueles treitos onde o espazo dispoñible o pemita) e foxo de seguridade de 1,2 metros de largo.

As obras previstas comprenden tamén as seguintes actuacións (necesarias para garantir a funcionalidade da senda executada):

– Mellora da rede da drenaxe existente na zona, coa execución de foxo de seguridade e prolongación das obras de drenaxe transversal.

– Estruturas de contención de terras para ampliación da plataforma e execución da senda.

– Mellora da sinalización, balizamento e defensas e reposición de servizos.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se someta a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (rúa Fernández Ladreda, 43, 1º, 4º, 36071 Pontevedra) e na Casa do Concello de Pazos de Borbén (Pazos, nº 52, 36841 Pazos de Borbén, Pontevedra). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://www.civ.xunta.es/tema/c/Infraestruturas_Estradas), está á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2016

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción: itinerario peonil e ciclista na PO-250 Amoedo-Pazos
de Borbén, p.q. 6+500 - 7+320, clave PO/16/060.06

Núm. de orde

Referencia

catastral

Titular

Solo expropiado (m2)

Cantidade

Ud.

Ben afectado

1

36037A00500042

Martínez Míguez, Dosinda (herdeiros de)

10.47

2

36037A00500043

García Ferreira, José Alfonso

50.75

3

36037A00500044

Míguez, Dolores

56.01

4

36037A00500045

Míguez Extremadouro, José

51.48

5

36037A00500039

Míguez Frangueiro, Dolores

1.05

6

36037A00500047

Míguez, Jesús

43.46

7

36037A00500048

Míguez Martínez, Milagros

69.28

8

36037A00500054

CMVMC Parroquia Amoedo

72.06

9

36037A00400321

Martínez Braga, Mª Dolores e Benita

66.52

10

36037A00400633

En investigación

30.26

11

36037A00400325

Martínez García, Aurora

156.94

12

36037A00400324

Míguez Fragueiro, Benjamín

29.61

13

36037A00400336

Martínez García, José

85.88

14

36037A00400358

Santoro, Alejandro

75.06

15

36037A00400341

Cernadas González, José

98.34

16

36037A00400342

Santoro Cernadas, Argentina

10.74

17

36037A00400340

Durán Vilan, Dolores (herdeiros de)

140.70

18

36037A00400339

Cernadas Míguez, Eduardo

28.25

71.40

M3

Muro de pedra

19

36037A00400338

Martínez Braga, Mª Dolores e Benita

35.01

20

36037A00400337

Fragueiro Míguez, Manuel

124.72

2.50

M3

Muro de pedra