Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 21 de novembro de 2016 Páx. 52038

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2016 pola que se anuncia a formalización do servizo para a evolución da plataforma de xestión e validación de certificados electrónicos, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, mediante tramitación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, CIXTEC.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do CIXTEC.

c) Número de expediente: 2016-013.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo para a evolución da plataforma de xestión e validación de certificados electrónicos, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, mediante tramitación documentalmente simplificada.

c) CPV: 72212000-4.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 8.8.2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 50.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 50.000,00 €.

b) Importe total: 60.500,00 €, distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2016: 12.100,00 €.

Exercicio 2017: 36.300,00 €.

Exercicio 2018: 12.100,00 €.

6. Financiamento:

Esta contratación cofinánciase co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 2, prioridade de investimento 2.3. Reforzo das aplicacións TIC para a administración electrónica a aprendizaxe electrónica, a inclusión electrónica, a cultura electrónica e a sanidade electrónica; Obxectivo 2.3.2, Reforzar o e-goberno, e-cultura e a confianza no ámbito dixital, nun 20 % con cargo a Fondos propios, á aplicación orzamentaria 06-A1-611A.640.0 do CIXTEC.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 27.10.2016.

b) Data de formalización do contrato: 2.11.2016.

c) Contratista: Atos Spain, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 41.500,00 euros. Importe total: 50.215,00 euros, distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2016: 10.043,00 €.

Exercicio 2017: 30.129,00 €.

Exercicio 2018: 10.043,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2016

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable