Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 21 de novembro de 2016 Páx. 52041

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 7 de novembro de 2016 polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia na resolución do procedemento de aceptación de renuncia do expediente 27/510045.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE e a súa data de publicación será a que determina a eficacia do acto notificado, logo de ser intentada sen éxito a notificación a José Manuel Rodríguez Sanjurjo (NIF ****2456S) nos intentos efectuados no seu enderezo, comunicámoslle que o 26 de setembro de 2016 se resolveu declarar a aceptación da renuncia á axuda PAC para a campaña 2016 que corresponde ao expediente 27/510045.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpor recurso potestativo de reposición ante a Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente formular recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de acordo cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; contados ambos a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

O expediente atópase, en todo caso, á disposición do interesado no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2016

Belén María do Campo Piñeiro
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expediente: 27/510045.

Interesado: José Manuel Rodríguez Sanjurjo.

Acto de notificación: resolución de aceptación da renuncia á axuda da PAC para a campaña 2016.

Último enderezo coñecido: rúa Padilla, núm. 3, 4º esquerda, 33205 Xixón (Asturias).