Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 21 de novembro de 2016 Páx. 51977

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2155/2016-PM).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2155/2016 PM

Xulgado de orixe/autos: despido/cesamentos en xeral 710/2015, Xulgado do Social número 2 de Ourense

Recorrente: Samanta Rodríguez González

Avogado: Benjamín Mayo Martínez

Recorridos: Adolfo Domínguez, S.A., Adolfo Domínguez, S.A.R.L., Adolfo Domínguez, Ltd.

Avogado: Vicente Fernández Victoria

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2155/2016 desta sección, seguido por instancia de Samanta Rodríguez González contra a empresa Adolfo Domínguez, S.A., Adolfo Domínguez, S.A.R.L., Adolfo Domínguez, Ltd. e outras, sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola demandante Samanta Rodríguez González, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ourense, nos presentes autos sobre despedimento tramitados por instancia da recorrente fronte ás empresas Adolfo Domínguez, S.A., Poza Biera, S.L., Adolfo Domínguez, S.A.R.L., Adolfo Domínguez, Ltd., Adolfo Domínguez Belgique, S.A., Adolfo Domínguez Japan Company, Ltd., Adolfo Domínguez USA, Inc., Tormato, S.A. de C.V., Adolfo Domínguez Luxembourg, S.A., Adolfo Domínguez USA, L.L.C., Trespass, S.A. de C.V., Adolfo Domínguez Shangai Co., Ltd., debemos confirmar e confirmamos a devandita sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35 seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Adolfo Domínguez, S.A.R.L., Adolfo Domínguez, Ltd., Adolfo Domínguez Belgique, S.A., Adolfo Domínguez USA, Inc., Tormato, S.A. de C.V., Adolfo Domínguez Luxembourg, S.A., Adolfo Domínguez USA, L.L.C., Trespass, S.A. de C.V., Adolfo Domínguez Shangai Co., Ltd., Adolfo Domínguez Japan Company, Ltd., Pola Biera, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza