Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 21 de novembro de 2016 Páx. 51979

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 78/2016).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 78/2016 deste xulgado do social, seguidos a instancia de Marta Juliana Fernández Martínez contra a empresa Metal Ceybe, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Acordo:

a) Declarar a executada Metal Ceybe, S.L. en situación de insolvencia por importe de 6.070 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Firme, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente».

E para que sirva de notificación en legal forma a Metal Ceybe, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 13 de setembro de 2016

O letrado da Administración de xustiza