Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 21 de novembro de 2016 Páx. 51981

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 18/2014).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 18/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Novoa García contra Punta Arnela, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 479/2016.

A Coruña, 27 de outubro de 2016.

Resolución:

Debo estimar e estimo a demanda presentada por Manuel Novoa García e condeno a empresa Punta Arnela, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 19.490,70 euros, en concepto de indemnización por despedimento.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo/a maxistrado/a xuíz/a que a subscribe no día da súa data, do que eu, letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Punta Arnela, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza