Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 21 de novembro de 2016 Páx. 51983

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (130/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 130/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Construcciones Vitelama, S.L., sobre ordinario, ditouse decreto o 29 de outubro de 2016, cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Acordo:

a) Declarar a executada Construcciones Vitelama, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 176,14 euros e de 17,61 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens da executada.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Vitelama, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza