Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 18 de novembro de 2016 Páx. 51523

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 26 de outubro de 2016, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-01161-O-2016 e cinco máis).

A persoa titular da Xefatura Territorial da Coruña ditou a resolución dos expedientes sancionadores número XC-01161-O-2016 e outros cinco máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no enderezo que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmanse de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Coruña.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

A Coruña, 26 de outubro de 2016

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-01161-O-2016

9367-GKZ

Álvarez López, Sinesio
34974134N

A falta de consignación do lugar de comezo ou do final de utilización nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso.

17.3.2016; 11.41; AP9; 79,5

Art. 142.4 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

XC-01204-O-2016

3921-CJV

Previgal Galicia

B70390596

A realización de transporte privado complementario de mercadorías, carecendo de autorización sempre que se acredite que no momento de realizalos se cumprían todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitou dentro dos 15 días seguintes á notificación do inicio do expediente.

24.2.2016; 12.24; AC552; 64,0

Art. 142.1 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

XC-01205-O-2016

3921-CJV

Previgal Galicia

B70390596

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

24.2.2016; 12.32; AC552; 64,0

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

XC-01272-O-2016

9483-JKR

Varitrans Transportes de Maquinaria, S.L.

B84274976

A condución sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 4 horas e 30 minutos e inferior ou igual a 5 horas.

10.3.2016; 10.34; N634; 700,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-01489-I-2016

C-5047-BZ

Pérez y Seoane, S.C.

J15667009

O exceso igual ou superior ao 5 % e inferior ao 15 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 9 %.

25.5.2016; 10.27; AP-9F; 25,20

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

350 euros

XC-01549-O-2016

4853-FYJ

Reyjosa, S.L.

B15236052

Diminución do descanso diario fraccionado (sobre 3+9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

16.4.2016; 21.42; CP1105; 14,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros