Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 18 de novembro de 2016 Páx. 51525

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 26 de outubro de 2016, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-01006-O-2016 e seis máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación dos expedientes sancionadores número XC-01006-O-2016 e outros seis máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no enderezo que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmanse de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outorgaselles un prazo de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 26 de outubro de 2016

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-01006-O-2016

8546-FVP

Manuel Santos Abalo

36016513P

Realizar transporte privado complementario de mercadorías sen levar a bordo do vehículo o orixinal da copia certificada (autorización de transporte).

10.3.2016; 10.19; AP-9F; 34,0

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

XC-01326-O-2016

6663-GJC

Gallega de Cargas, S.L.

B36577252

A carencia, falla de datos esenciais, ocultación ou falla de conservación da documentación de control.

12.4.2016; 10.31; AG-1.1; 24,0

Art. 141.17 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

XC-01661-O-2016

2108-DTR

Previgal Galicia

B70390596

Realizar transporte privado complementario de mercadorías sen levar a bordo do vehículo o orixinal da copia certificada (autorización de transporte).

18.5.2016; 10.17; AC-552; 64,0

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

XC-01873-O-2016

C-3950-AV

Cabager, S.L.

B15745557

A realización de transporte ao abeiro de autorizacións de transporte privado complementario de servizos que non cumpren algunha das condicións do art. 102.2 LOTT.

15.6.2016; 8.46; N-550; 34,5

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

XC-01901-O-2016

7784-JFX

Transportes Ferre-Bodi, S.L.

B03421260

Exceso no tempo de condución bisemanal (90 horas). Máis de 90 horas ata 100 horas.

5.5.2016; 21.30; DP-5401; 3,2

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-01946-O-2016

1390-HHY

Trans-Aznar Sureste, Sociedad Limitada

B73779209

Diminución do descanso diario normal (sobre 11 horas). Igual ou superior a 10 horas e inferior a 11 horas.

11.5.2016; 20.49; A-54; 90,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-02031-O-2016

9269-GXR

Trans. Cintorres, S.L.

B12837464

Diminución do descanso diario normal (sobre 11 horas). Igual ou superior a 10 horas e inferior a 11 horas.

9.5.2016; 10.55; AP-9; 79,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros