Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 18 de novembro de 2016 Páx. 51527

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 17 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 2016/2991-1).

Expediente: IN407A 2016/2991-1.

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A.

Denominación: LMTA SC 20 kV O Sucadío.

Concello: Cerceda.

Características técnicas:

– LMTA a 20 kV, de 42 m, condutor CCX 47-AL1/8-ST1A 20 kV, con orixe no apoio nº 56 existente da LMT Cerceda-A Silva e CTI A Abelleira Cerceda (IN407A 2007/488-1) e final no apoio nº 1.

– Novo CTI O Sucadío, cunha potencia de 100 kVA, situado no apoio nº 1 cunha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 17 de outubro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña