Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 18 de novembro de 2016 Páx. 51923

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 8 de novembro de 2016, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se lles comunica aos interesados a resolución de baixa da clasificación turística e a cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos titulares dos establecementos da provincia da Coruña que se relacionan a baixa da clasificación turística e a cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega, acordada mediante a Resolución do 4 de novembro de 2016.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpor recurso potestativo de reposición ante esta Axencia Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade con disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se lle notifica en cumprimento do establecido no artigo 40 de la Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 8 de novembro de 2016

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: Cafetería Casa Pedro.

Titular: Agustín Martínez Silvar.

NIF: non consta.

Enderezo: avenida do Mar, 44.

Concello: 15624 Mugardos.

Establecemento: Cafetería Alba.

Titular: Jor-Gel, S.C.

NIF: G-15691132.

Enderezo: Fernando III El Santo, 3.

Concello: 15706 Santiago de Compostela.

Establecemento: Agencia de Viajes Compostravel.

Titular: Antonio Germán Anca Rico.

NIF: 33194543T.

Enderezo: rúa Rodas, 1.

Concello: 15704 Santiago de Compostela.