Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 18 de novembro de 2016 Páx. 51925

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2016 pola que se anuncia a formalización do contrato do servizo para a realización dos traballos de desenvolvemento de novas funcionalidades no Sistema de xestión de inventario da Xunta de Galicia, mediante tramitación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, Cixtec.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número de expediente: 2016-012.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo para a realización dos traballos de desenvolvemento de novas funcionalidades no Sistema de xestión de inventario da Xunta de Galicia, mediante tramitación documentalmente simplificada.

c) CPV: 72212000-4.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 15.7.2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 80.658,60 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 66.660,00 €.

b) Importe total: 80.658,60 €, distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2016: 40.329,30 €.

Exercicio 2017: 40.329,30 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 17.10.2016.

b) Data de formalización do contrato: 20.10.2016.

c) Contratista: American Appraisal España, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 66.660,00 euros. Importe total: 80.658,60 euros, distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2016: 40.329,30 €.

Exercicio 2017: 40.329,30 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2016

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable