Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 18 de novembro de 2016 Páx. 51512

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notifcación de sentenza (SSS 338/2014).

SSS Seguridade Social 338/2014

Procedemento orixe: /

Sobre seguridade

Demandante: José Antonio Rama Mosquera

Avogado/a: Manuel López Núñez

Demandados: APV Motor, S.A., Servicio Público de Emprego Estatal

Avogado: Servizo Público de Emprego Estatal

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento seguridade social 338/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Rama Mosquera contra APV Motor, S.A., Servizo Público de Emprego Estatal, sobre seguridade social, foi ditada a seguinte resolución:

«Xulgado do Social número 3

Santiago de Compostela

Sentenza: 280/2016

-

Rúa Berlín, s/n, 15707 polígono das Fontiñas

Tel.: 881 99 71 24/25

Fax: 881 99 71 26

Equipo/usuario: MB

NIG: 15078 44 4 2014 0000986

Modelo: N02700

SSS Seguridade Social 338/2014

Procedemento orixe: /

Sobre: Seguridade Social

Demandante: José Antonio Rama Mosquera

Demandados: APV Motor, S.A., Servizo Público de Emprego Estatal

Avogado: Servizo Público de Emprego Estatal

Sentenza:

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2016.

Vistos por Sandra María Iglesias Barral, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 338/2014, seguidos por instancia de José Antonio Rama Mosquera, asistido polo letrado Sr. López Núñez actuando en substitución a letrada Sra. Prado Sánchez, contra o Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE), asistido e representado polo letrado Sr. Catoira Longueira e contra APV Motor, S.A., que non comparece a pesar da súa citación en legal forma, con base nos seguintes [...]

Decido:

Desestimar a demanda interposta por José Antonio Rama Mosquera e, en consecuencia, absolver o SPEE e APV Motor, S.A. dos pedimentos formulados contra eles.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a APV Motor, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza