Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 18 de novembro de 2016 Páx. 51508

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (252/2015).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 252/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jacobo Motos Rosillo contra Rufei Sun y Otro, S.C., sobre despedimento, se ditaron as seguintes resolucións:

«Dilixencia de ordenación 6.6.2016 e 22.7.2016 e decreto de insolvencia:

Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza, Susana Varela Amboage.

En Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2016.

Revisado o estado da conta de depósitos e consignacións xudiciais, non se obtivo cantidade ningunha procedente dos embargos acordados.

Queda pendente de satisfacer na presente executoria a suma de 12.348,93 euros de principal e 1.243,89 euros en concepto de xuros e custas e, sen encontrar bens abondo e de conformidade co artigo 276.1 da LXS, acordo:

Dar audiencia a Jacobo Motos Rosillo e ao Fondo de Garantía Salarial para que, no prazo máximo de quince días, insten o que ao seu dereito conveña para a continuación da executoria designando en tal caso bens concretos do debedor sobre os que despachar execución.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos. Será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición a interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza.

Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza, Susana Varela Amboage.

En Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2016.

O escrito que foi presentado polo letrado Lisardo Pardo Núñez de Vera, en representación de Rufei Sun y Otro, S.C. únese aos autos.

Ao non se acreditar a renuncia e de conformidade co parágrafo segundo do artigo 30.1.2º da LAC, acordo:

– Telo por apartado das actuacións e na representación que exerce; non obstante, non poderá abandonar esta en canto o seu representado non designe novo profesional.

– Requirir a Rufei Sun y Otro, S.C. co fin de que, no prazo de dez días, designe novo representante para intervir nestas actuacións.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos. Será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición a interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza.

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar áexecutada Rufei Sun y Otro, S.C., en situación de insolvencia total por importe de 2.441,55 euros en concepto de indemnización e 9.997,38 euros en concepto de salarios de tramitación, máis 1.243,89 euros calculados provisionalmente para xuros e custas da execución.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Despois de resultar negativos os actos de comunicación a realizar coa executada en todos os domicilios existentes nas bases de datos informáticas, notifíquese á executada a parte dispositiva da presente resolución así como a dilixencia de ordenación 22.7.2016 e dilixencia de ordenación 6.6.2016 a través de edictos que se van inserir no DOG e taboleiro de anuncios.

d) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos. Será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A letrada da Administración de xustiza.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento».

E para que sirva de notificación en legal forma a Rufei Sun y Otro, S.C., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG e taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza