Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 16 de novembro de 2016 Páx. 51265

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 1008/2013).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 1008/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carolina Martínez Lamas contra Fotocopias Maxín, S.L.U., José Benigno Castro Ambroa, Copy Belén, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), se ditou a seguinte resolución:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2016.

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 23.10.2013 tivo entrada neste Xulgado do Social número 1 demanda de reclamación de dereito e cantidades presentada por Carolina Martínez Lamas fronte a Fotocopias Maxín, S.L.U., José Benigno Castro Ambroa, Copy Belén, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Segundo. As partes foron citadas ao acto de conciliación para o día 24.10.2016, ás 10.00 horas.

Terceiro. Ao acto de conciliación non compareceu o demandante, que estaba debidamente citado.

Fundamentos de dereito:

Único. Se o demandante, citado en legal forma, non comparece nin alega xusta causa que motive a suspensión do acto de conciliación ou xuízo, considerarase que desiste da súa demanda (artigo 83.2 da LXS).

O artigo 83.2 da LXS dispón que se o demandante, citado en forma, non comparece nin alega xusta causa que motive a suspensión do acto de conciliación ou do xuízo, o letrado da Administración de xustiza no primeiro caso, e o xuíz ou tribunal no segundo, considerarán que desiste da súa demanda.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva

Acordo:

– Considerar que Carolina Martínez Lamas desiste da súa demanda sobre reclamación de dereito e cantidades fronte a Fotocopias Maxín, S.L.U., José Benigno Castro Ambroa, Copy Belén, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación del no procedemento correspondente.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, no Banco Santander, S.A., e indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se corresponden a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fotocopias Maxín, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza