Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 15 de novembro de 2016 Páx. 51214

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 8 de novembro de 2016, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica o acordo de iniciación do 22 de setembro de 2016 relativo ao expediente sancionador LU-20/2016, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado que a seguir se relaciona o acordo de iniciación do procedemento sancionador en materia de turismo, por infracción administrativa da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, expediente número LU-20/2016, incoado ao titular do establecemento denominado La Zona, situado na rúa Zeppelin nº 1 do concello de Burela (Lugo) xa que, intentada a notificación polos medios habituais, non puido practicarse.

Noméase instrutora do procedemento a Mercedes Campos Casares e secretaria a Carmen Enríquez Río, funcionarias desta Área Provincial de Turismo. O seu réxime de recusación é o previsto no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Segundo o establecido no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o interesado dispondrá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, ou informacións consideren convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

O pagamento voluntario poderá poñer fin ao expediente. Para efectualo deberá empregar o impreso normalizado que lle será facilitado na Área Provincial de Turismo, sita no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na rolda da Muralla de Lugo.

O órgano competente para a resolución do procedemento é a xefa da Área Provincial de Turismo en Lugo, segundo o disposto no artigo 119.1.a) da Lei 7/2011, e no Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo Galicia e se aproban os seus estatutos.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lugo, 8 de novembro de 2016

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-20/2016.

Denunciado: Joaquín Moreira Ferreira.

Establecemento: Discoteca La Zona.

Enderezo: rúa Zeppelin, 1 baixo. Localidade: Burela.

Feitos denunciados: non dispoñer materialmente dos documentos exixidos pola normativa turística para o exercicio das actividades, así como non observar na devandita documentación as condicións exixidas.

Preceptos infrinxidos: artigo 35.i) da Lei 7/2011.

Tipificación da infracción: artigo 109.2 da Lei 7/2011.

Cualificación: leve.

Sanción: 200 € (douscentos euros).