Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 15 de novembro de 2016 Páx. 51212

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento dun sistema de información para a xestión na Área de Recursos Marisqueiros (expediente 47/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: é obxecto desta contratación o servizo de desenvolvemento dun sistema de información que dea soporte á xestión (outorgamento e renovación) das habilitacións para a extracción dos recursos marisqueiros (moluscos bivalvos e recursos específicos) e ao seguimento dos plans de explotación e de xestión destes recursos.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 21.6.2016.

DOUE: 18.6.2016.

BOE: 30.6.2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 297.520,67 €.

5. Orzamento base de licitación: 198.347,11 € máis 41.652,89 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 240.000,00 € (douscentos corenta mil euros).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 21.9.2016.

b) Data de formalización do contrato: 26.10.2016.

c) Contratista: Sivsa, Soluciones Informáticas, S.A.

d) Importe de adxudicación: 187.199,10 (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia