Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 15 de novembro de 2016 Páx. 51186

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 21 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o requirimento de documentación no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia do expediente AC-2011/00281.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada a notificación do requirimento de documentación no último domicilio da interesada sen poder practicala, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo para que no prazo de quince (15) días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio compareza no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia para comunicarlle o contido do requirimento de emenda. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

No caso de non facelo, terase por desistida da súa solicitude, que se arquivará despois do ditado da correspondente resolución.

O expediente relacionado atópase á disposición da interesada para que poida consultalo na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

A Coruña, 21 de outubro de 2016

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE/Pasaporte

AC-2011/00281

Roseli de Melo

X7808870W