Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 15 de novembro de 2016 Páx. 51187

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 31 de outubro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución dun expediente de compatibilidade.

Con data do 9 de setembro de 2016, o director xeral da Función Pública, en uso da competencia delegada polo conselleiro de Facenda en virtude da Orde do 8 de xullo de 2013 (DOG núm. 136, do 18 de xullo), no seu artigo 3.e), ditou resolución pola que se denega a solicitude de compatibilidade presentada por Ana Pereda Ríos.

Logo de intentar dúas veces a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola interesada para os efectos de notificación, esta non se puido efectuar, e foron devoltas polo dito servizo, por «non retirado» tras os dous intentos, respectivamente, en que consta «ausente repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude deste anuncio, notifícalle a Ana Pereda Ríos, a resolución antes referida.

A interesada pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes, ou directamente, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que teña o seu domicilio ou no de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que a interesada compareza.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública