Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 14 de novembro de 2016 Páx. 50209

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1129/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1129/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Borja Rodríguez Peláez contra Nutrifitness Personal Trainers, S.L., Fogasa, Consigue Tu A, S.L. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Auto.

Maxistrado xuíz Javier López Cotelo

A Coruña, 12 de setembro de 2016

Único. Nos presentes autos ditouse sentenza o 27 de xullo de 2016. A demandada solicitou a aclaración de tal resolución nos termos recollidos no escrito presentado con data do 5 de agosto de 2016.

Fundamentos de dereito.

Único. Unha vez examinado o escrito presentado pola parte codemandada no presente procedemento, e lida a sentenza ditada no presente procedemento, entendo que non existe ningún concepto escuro nin ningún erro material que deba ser aclarado por este juzgador ao abeiro do artigo 214 da LAC, sen prexuízo da interposición do correspondente recurso de suplicación fronte á devandita resolución co fin de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia poida analizar os distintos motivos que o funden por instancia da parte recorrente.

Existe unha evidente falta de claridade na redacción do escrito reitor que, en ningún momento, nin sequera no suplico deste, expresa e cuantifica a cantidade que reclama das empresas demandadas.

En todo caso, e sen que sirva de precedente, e co único fin de non prexudicar a parte demandante exixíndolle que interpoña unha nova demanda polas cantidades referidas no seu escrito de aclaración, complementarase a sentenza ditada neste procedemento no seguinte sentido:

Na declaración de feitos probados, no número 2 engadirase un novo punto que dirá o seguinte: “As empresas deben o traballador as cantidades brutas de 465,54 euros por parte proporcional de vacacións non gozadas; 718,26 euros por indemnización especial, 950,96 euros por horas extras realizadas e 175,84 euros como complemento voluntario –doc. nº 3 achegado co ramo de proba do demandante– documento de liquidación e liquidación da relación laboral datada o 19 de outubro de 2015. O total da cantidade neta debida por estes conceptos ascende á suma de 2.249,18 euros”.

No fundamento de dereito IV engadirase un novo punto: “En relación cos demais conceptos recollidos no documento de liquidación e liquidación achegada –doc. nº 3 do demandante– non se acreditou polas demandadas o seu aboamento ao demandante, polo que procederá condenalas ao seu aboamento de conformidade co salientado na declaración de feitos probados, polo que procede condenar as demandadas a pagar ao demandante por tales conceptos a suma neta de 2.249,18 euros”.

Na decisión engadirase, no número 3 o seguinte: “así como a aboarlle solidariamente a suma neta de 2.249,18 euros polos conceptos xa expresados na declaración de feitos probados desta sentenza”.

Parte dispositiva:

Ten lugar á aclaración solicitada nos termos recollidos no corpo da presente resolución.

Contra esta resolución non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, Xuíz do Xulgado de Reforzo da Coruña.

E para que sirva de notificación en legal forma a Nutrifitness Personal Trainers, S.L. e empresa Consigue Tu A, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza