Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 14 de novembro de 2016 Páx. 50196

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 586/2015).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 586/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Maz, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social contra Mutua Fraternidad Muprespa, Ingatrans, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Óscar Javier Iglesias Doforno, Servizo Galego de Saúde (Sergas), Lomar Expres, S.L., Tesouraría Xeral da Seguridade Social sobre Seguridade Social, ditouse resolución do teor literal seguinte:

Sentenza: 451/2016.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: seguridade social-continxencia 586/2015.

Demandante: MAZ Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales.

Letrada: Sra. Tombilla Manzanedo.

Demandados:

– Instituto Nacional de la Seguridad Social (INSS).

Letrada: Sra. Suárez Berea.

– Mutua Fraternidad Muprespa.

Letrada: Sra. Ojea Castro.

– Óscar Javier Iglesias Doforno.

Letrado: Sr. Novo Prego.

– Servizo Galego de Saúde (Sergas), Lomar Express, S.L. e Ingatrans, S.L.: non comparecen.

Sentenza 451/2016.

A Coruña, 11 de outubro de 2016.

Decisión:

– Desestimo a demanda sobre determinación de continxencia interposta pola Mutua Maz de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales fronte ao INSS, Tesouraría da Seguridade Social (TXSS), Fraternidad Muprespa, Óscar Javier Iglesias Doforno, Ingatrans, S.L., Lomar Express, S.L. e Servizo Galego de Saúde, confirmando que a continxencia, en relación co proceso de incapacidade temporal sinalado nos feitos probados da presente resolución (iniciada o 26.9.2014), que debe ser a de accidente de traballo.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ingatrans, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza